inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
AGAPI presentación

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) escríbese sempre en paralelo ao sector audiovisual de Galicia, dende a súa constitución no ano 1994.

AGAPI é a asociación empresarial pioneira do sector audiovisual galego; agrupa a máis de trinta empresas produtoras de cine, televisión, publicidade e servizos e leva contribuíndo activamente á consolidación e desenvolvemento da industria de Galicia dende hai máis quince anos.

AGAPI ten especial interese na constante evolución e actualización de coñecementos dos profesionais da industria audiovisual. Dende a súa creación AGAPI organizou numerosos seminarios de formación especializada, que abarcan dende os aspectos máis creativos ata os máis innovadores e tecnolóxicos.

Conscientes da importancia da internacionalización e comercialización dos produtos audiovisuais, AGAPI organizou no 2004 a presenza por primeira vez dunha representación de Galicia no maior e máis importante mercado de contidos audiovisuais do mundo, o MIPCOM de Cannes.

Seguindo nesta liña, AGAPI tamén realizou o primeiro Catálogo da Produción Audiovisual de Galicia.

Destacamos algunha das últimas e importantes accións de AGAPI como a súa participación no proceso de elaboración para a aprobación da nova Lei Estatal do Cine (Lei 55/2007). AGAPI tomou parte neste proceso como única asociación de empresas produtoras independentes convidada a comparecer no Congreso dos Deputados.

Tamén destacamos a organización dos relevantes encontros profesionais “Novas Formas de Distribución e Consumo Audiovisual- NOVOMED" e o “Foro de Marketing e Comercialización Audiovisual".

A Asociación entende que o audiovisual é un sector estratéxico e de futuro para Galicia; o audiovisual tamén é industria cultural, conxugando intereses empresariais e culturais nunha mestura na que os dous elementos teñen a mesma importancia e fortaleza.

Presentación
Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org