inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Empresas
Continental Producciones
Dirección:
Carretera de Circunvalación 3 baixo
15002 CORUÑA (A) (A Coruña)
Telf: 981 213 637
Fax: 981 213 499
Contacto:
Pancho Casal
Servicios - equipamento

CONTINENTAL CONSULTING:

Recentemente Continental incorporou ás súas divisións de traballo este servizo no que presta consulta a empresas de recente formación ou interesadas en desenvolveu novas liñas de negocios para as que o uso dos medios audiovisuais poden aportar a diferencia. Así ocorre, por exemplo, no caso das canles corporativas.

Trátase de canles de televisión que poden servir como ferramenta de comunicación tanto interna como externa coa que poder concentrar a atención do público, fidelizar ós seus clientes, comunicarse con maior eficacia cos seus traballadores e dispor dun soporte publicitario no punto de venta e contratación dos seus produtos. Ademáis, o deseño desta ferramenta permite se se desexa diferenciar contidos na rede de pantallas que forman a canle corporativa, permitindo tanta especificación ou xeneralización como se desexe.

CONTINENTAL SPOT:

Continental Spot é unha produtora de publicidade formada por un sólido equipo de profesionais. As axencias máis importantes do panorama publicitario español confían en Continental para producir as súas mellores ideas e xerar a notoriedade e imaxe de marca desexada polos anunciantes. Entre elas atópanse as premiadas pola revista Anuncios á mellor axencia en 2006 (CONTRAPUNTO), 2005 (DDB) e 2004 (SRA RUSHMORE).

Continental Spot realizou anuncios para gran cantidade de institucións e marcas de recoñecido prestixio no mercado, tales como COCA-COLA, JUVER, EL PAÍS, FORD, CABREIROÁ, DGT, EUSKALTEL. MOVISTAR, XUNTA DE GALICIA, PEPSI, etc.

Continental Spot recibiu xunto á axencia Dimensión o premio ó mellor anuncio de televisión do ano, outorgado pola revista Anuncios, polo spot “Los Etxániz”, dirixido por Miquel Alcarria para a marca Euskaltel.

Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org