inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Empresas
Lua Filmes, S.L.
Dirección:
Rúa Historiador Vedía nº18- Baixo
15004 A Coruña CORUÑA (A)
Telf: 981 160 175
Fax: 981 160 176
Contacto:
Emilia Neira/ José Mª Suárez
Servicios - equipamento

Contamos co seguinte equipamento:

- Cámara Betacam Dixital SONY BVF-V20WCE.
- Cámara Betacam SP SONY PVV 3P.
- 2 cámaras HDV SONY HVR – Z1E.

Magnetos:
- BETACAM DIGITAL - DVW-A500P.
- BETACAM SP - PVW-2800P.
- DVCPRO 50 - AJ-SD930.

Equipos de edición:
- 1 AVID MEDIA COMPOSER ADRENALINE.
- 2 AVID MOJOS.
- 1 MATROX CON SPEED RAZOR.
- Disco externo LANSHARE de 8 TERABYTES.

Curriculum

Empresa fundada en 1996 por Jose Mª Suárez e Emilia Neira, adicada á produción audiovisual e con ampla experienza demostrada no mundo do cine, vídeo, televisión e creación multimedia. Conta cun amplo grupo de clientes entre os que se atopan as máis importantes axencias de publicidade de toda Galicia.

Lúa Filmes ten realizado as campañas da Xunta de Galicia Comercio Galego "As cores da rúa", Ecopanda e Máis libros. Outras entidades coma Caixagalicia, Caixanova, a Lonxa de A Coruña e o Porto Exterior de A Coruña tamén confiaron no bo facer da produtora.

O Concello de Vigo contou con Lúa Filmes para producir os vídeos da súa candidatura á Universiada 2013. Lúa Filmes completou a súa experiencia coa produción de numerosos comerciais para os plans de márketing de empresas privadas coma: Cristalerías Auto Arte, Transportes Azkar, Encaixe Camariñas, Edisa, Jamones Blázquez, Moreira y Cia, Supermercados Gadis, Sidra El Gateiro e Viña Costeira.

Lúa Filmes tamén ten realizado programas para a televisión coma as máis de 100 entregas do programa Galegos de honra e documentais sobre temas de actualidade social, como os accidentes de tráfico.

A actividade de Lúa Filmes tamén foi recoñecida con 10 premios concedidos pola Academia Galega do Audiovisual ao longo dos seus 11 anos de actividade:

1998

- Mellor Produción de Publicidade para a campaña da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia: Fondo Marino e Pescadilla.

- Mellor Produción de Animación para a campaña conxunta de TVG e GADISA: Sanote.

1999

- Mellor Produción de Publicidade para o Spot Tren, non é un xogo, da Xunta de Galicia.

- Mellor Produción de Animación para Adiviña, adiviña.

2000

- Mellor Produción de Publicidade para o Spot Mexillón, colleita do Mar, da Xunta de Galicia.

- Mellor Produción de Animación por Ignotus.

- Mellor Produción de Vídeo polo Spot Café Moderno, para Caixa Galicia.

2001

- Mellor Produción de Animación por Os defuntos falaban Castelao.

- Mellor Son por Os defuntos falaban Castelao.

2005

- Mellor Produción de Publicidade para o Spot Caixanova, onde nacen as ideas.

Imagen
Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org