
Vaca Films é unha produtora cinematográfica con base en Galicia que desenvolve e produce proxectos
destinados ao mercado nacional e con alta capacidade de internacionalización. Dirixida pola produtora Emma Lustres, en Vaca Films traballa un equipo estable de desenvolvemento entre os que cabe destacar a Borja Pena, que ostenta o cargo de Produtor Executivo.
As dúas principais liñas de traballo da produtora son a produción de longametraxes cinematográficas e a produción de películas para televisión. Tratando sempre de realizar proxectos que poidan atraer a un amplio público e cun perfil internacional.
Vaca Films é unha empresa consolidada tanto en España, onde estableceu sinergias con destacadas
empresas do sector como Telecinco Cinema, Morena Films, Paramount Pictures Spain, DeA Planeta
o Jaleo Films, como a nivel internacional, traballando con empresas como La Fabrique 2 (Francia), ZED Filmes (Portugal), Patagonick Film Group (Argentina), Films Distribution (Francia) o Wild Bunch (Francia).
Nestes anos Vaca Films produciu a directores recoñecidos como Daniel Monzón, Manuel Martín Cuenca, Juan Calvo, Luis Avilés, Jesús Ponce, Isidro Ortiz, Clive Gordon y Rodrigo Plá e está traballando en proxectos con Daniel Calparsoro, Miguel Ángel Vivas, Manu Sanabria e Luis Avilés. No referente a guionistas, destacan as
colaboracións con Paul Laverty, Jorge Guerricaecheverría, Alejandro Hernández, Carlos Portela, Xose
Antón Moure, Jorge Arenillas ou Laura Santullo.
O 6 de novembro de 2009 estreouse Celda 211 que obtivo un percorrido de varios meses en cartel
chegando a recaudar preto de 13 millones de euros. A película foi vendida en case todos os
países do mundo e estreouse nos cines de Italia, Francia, Gran Bretaña, Rusia,
Grecia e Estados Unidos.
Destaca tamén a gran acollida que tivo en algúns dos festivais internacionais más prestixiosos como o Festival de Venecia, Toronto ou Sitges. O gran éxito de Celda 211 consolidouse cos numerosos premios recibidos: 8 Premios Goya outorgados pola Academia de Cine española (entre eles Mellor película, Mellor director, Mellor guionista), Fotogramas de Plata á Mellor película do ano, cinco Medallas CEC (entre elas a de Mellor película, Mellor director e Mellor actor protagonista), ou o Premio José María Forqué á Mellor película do ano.
Nos últimos meses, Vaca Films estreou Retornos dirixida por Luis Avilés, e ten pendente
de estrea Secuestrados, que chegará ás salas de cine o 25 de febreiro, logo do seu exitoso paso
polo festival de Sitges. A película, dirixida por Miguel Ángel Vivas e protagonizada por Fernando Cayo,
Manuela Vellés e Ana Wagener, colleitou, ademais, un importante éxito de ventas internacionais e antes da súa estrea no noso país xa foi vendida a máis de 40 territorios.
Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org