
TIC TAC Producciones é unha produtora galega independente que ten o obxectivo de desenvolver e producir longametraxes, especialmente, coproducións entre Latinoamérica e Europa. Nace coa intención de apostar por novos talentos de ambos continentes.
Os proxectos de Tic Tac Producciones contan co apoio do Programa Ibermedia, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Mercadoc (Festival de Málaga), o INCAA (Instituto Nacional de Cine e Artes Audiovisuales, Arxentina), CNAC (Centro Nacional Autónomo de Venezuela), Produire au sud (Festival des 3 Continents, Nantes, Francia), Bafici (Festival Internacional de Cine Independente de Bos Aires), Visions Sud Est (Suiza), Fondo Jan Vrijman - IDFA (Holanda), Mannheim Meetings (Alemania), Equinoxe, DocsBarcelona, Hubert Bals Fund (Festival de Rótterdam, Holanda), e a participación de Televisión de Galicia (TVG) e Televisión Española (TVE).
Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org