inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Empresas
Portocabo Tv, S.L.
Dirección:
Praza de Zalaeta, 4 Local Baixo Esq.
15002 A Coruña CORUÑA (A)
Telf: 881 898 440
Fax: 881 898 437
Contacto:
Alfonso Blanco
Curriculum

Portocabo é unha produtora especializada en contidos televisivos. O talento dos novos creadores e profesionais que xurdiron en Galicia nos últimos anos, un excelente capital humano que significa experiencia, capacidade e frescura de ideas para pensar e facer, é o terreo desde o que Portocabo quere traballar. Os nosos proxectos van dirixidos aos mercados galego, español e internacional, especialmente en tres liñas: ficción. As nosas series e longametraxes para televisión van procurar un alto nivel de produción a partir de orzamentos axustados, historias axeitadas a un medio, o televisivo, que pode acoller propostas moi diversas. tv do real. Series documentais feitas a partir do cotián, a partir de personaxes e peripecias que forman parte da nosa paisaxe máis inmediata e que, pola súa autenticidade, constitúen unha inmellorable materia prima para unha televisión próxima. entretemento. Contamos cun amplo catálogo de formatos televisivos –concursos, shows, docuseries- coa característica común de ter demostrado o seu éxito de audiencia noutros territorios.

Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org