
AREA 5.1 é un estudio de postprodución de son para cine e televisión, a nosa actividade cubre dende a dobraxe de películas e programas de televisión ó galego e castelán ata a montaxe, mesturas, e masterización de bandas sonoras para cine e televisión e spots publicitarios, tanto en formatos surround, como en estéreo convencional, ou a creación de bandas de música e efectos, e a gravación de efectos sala.
Fundada en 1998. Equipada específicamente para a post-produción de audio coas últimas tecnoloxías dixitais. Fixemos a dobraxe e mesturas de numerosas películas para cine de distribución. Homologada por Televisión de Galicia (TVG) para a que levamos dobrado e mesturado máis de 1.000 horas. Confeccionamos arredor de 800 bandas internacionais.
Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org