inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Empresas
Atlántico Films, S.L.
Dirección:
Areal 140, 5ºA
36201 Pontevedra VIGO
Telf: 986 22 59 86
Fax: 986 22 59 86
Contacto:
Pilar Sueiro
Servicios - equipamento

PRODUCIÓN DE CINE E TELEVISIÓN

Curriculum

A orixe da produtora cinematográfica ATLÁNTICO FILMS, S.L., actualmente unha das máis veteranas en activo do cine español, atópase en PS FILMS (Pilar Sueiro Films) fundada no ano 1981 en Nigrán (Pontevedra) por Pilar Sueiro (produtora, actriz e directora) e Juan Pinzás (director e guionista), ambos procedentes do cine independente en pequeno formato. Con PS FILMS, Juan Pinzás e Pilar Sueiro realizaron, integramente en Galicia, 19 curtametraxes en formato de 35 mm., entre os anos 1982 e 1983, que conseguiron exhibir nos cines de toda a Comunidade Autónoma galega e do resto de España, ademais de obter varios éxitos en festivais nacionais e internacionais.

Isto animou a Sueiro e Pinzás a fundar unha empresa de maior envergadura para producir longametraxes e así PS FILMS transformariase no ano 1984 nunha sociedade denominada ATLÁNTICO FILMS, S.A., con domicilio social en Vigo. No ano 1992 converteuse, como moitas outras empresas españolas en Sociedade Limitada, pasando a denominarse dende entón e ata hoxe, ATLÁNTICO FILMS, S.L.

A vocación artística desta empresa vén dada especialmente por estar ao servizo dun cine de calidade, persoal e creativo, que realiza cun inconfundible sello o cineasta Juan Pinzás de destacada proxección internacional como o avala o éxito das súas longametraxes en festivais de todo o mundo onde fíxose acreedor de galardóns tan importantes como o Premio Extraordinario ACE 2006 de Cine da Asociación de Críticos de Nueva York, o Premio de Honor 2006 da Saint John’s University de Nueva York, o Premio Especial do Xurado do Festival de Cine Latino de Nueva York (LaCinemaFe), o Premio ao Mellor Guión do Festival de Cine Latino de Miami, o Colón de Plata do Festival de Cine Iberoamericano de Huelva, a Garza de Ouro do Festival de Cine Hispano de Miami, o Premio Glauber Rocha do Festival Internacional de Cine de Figueira da Foz, o Unicornio de Plata da Semana Internacional de Cine Fantástico de Estepona, a Candidatura ao San Jorge de Ouro do Festival Internacional de Cine Moscú, ou os tres Diplomas Dogma outorgados polo fundador desta vangarda cinematográfica, Lars von Trier. Proba irrefutable dun cine singular que da a coñecer a cinematografía galega en todo o mundo.

Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org