As televisións autonómicas de FORTA acordan a produción conxunta dunha serie de ficción
14/06/2013
As televisións autonómicas agrupadas en FORTA, a Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicas da que forma parte a CRTVG, na súa aposta por impulsar a produción audiovisual e a colaboración e procura de sinerxías para reforzar os seus contidos, decidiron acometer a produción dunha serie de ficción para televisión, co título provisional de O FARO e coa previsión de que teña unha emisión diaria. Iniciarase a súa rodaxe o próximo mes de xullo en Galicia.
Hoxe venres 14 chega ós cines a película SOMOS GENTE HONRADA producida por Vaca Films e El Terrat
14/06/2013
Alejandro Marzoa debuta como director desta longametraxe protagonizada por Paco Tous, Miguel de Lira e Unax Ugalde, que mestura con habilidade comedia e drama. O filme chega hoxe ás salas comerciais de toda España.
Curso básico de postprodución audiovisual con Protools
17/06/2013
O Curso levarase a cabo do 22 ó 25 de xullo e terá unha duración total de 18h. (De luns a xoves en horario de 10h a 15h). O custe do curso é de 90 euros.
Curso de operador técnico, emisión e programación de radio, organizado polo EISV
17/06/2013
A Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV) organiza un Curso de operador técnico, emisión e programación de radio. Terá lugar do 16 ó 19 de xullo (de M a V, en horario de 10h a 15h). O curso terá unha duración total de 18h e un custe de 90 euros.
Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org