inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Busca en catálogo buscar
voltar ó listado Catálogo
Botarse ao monte
2009 - rematado
TV
Formato:
Outro
Duración:
25
Idioma:
galego
Argumento

"Botarse ao monte" fala de xente de a pé, é dicir, fala da xente que utiliza os pés, que camiña para deixar atrás a rutina e imprime a súa pegada en diversos lugares da nosa xeografía. O propósito do programa é incentivar o espectador para que saque a cabra que todos levamos dentro e, deste xeito, aprenda a gozar da natureza.

Farto da cidade, o noso presentador, Xosé Touriñán, marcha á aventura co obxectivo de atopar rutas, paisaxes, actividades, lendas ou personaxes que só se poderían atopar deste xeito: camiñando. Serán as súas andanzas as que nos permitan trasladarlles aos espectadores alternativas de ocio suxestivas e accesibles para todos.

Cada entrega de "Botarse ao monte" é unha historia: as peripecias deste sendeirista novato e os seus encontros ao longo dunha ruta específica, narrada por unha voz en off en clave de humor.

Pero ollo, tan importante coma camiñar é saber cando parar. Non só para recuperar os folgos, senón tamén para transmitir algún consello de sendeirismo, afondar na cultura popular, aprender a distinguir un toxo dun eucalipto ou simplemente manter unha agradable conversa cos propios do lugar ou mesmo con outros sendeiristas.

Explicaremos como gozar do monte sen molestalo, sen deixar nel pegadas que o irriten, que o degraden. Buscaremos sempre a maneira de defender a natureza a través do respecto co medio.

Equipo artístico

Presentador: Xosé Touriñán.

Equipo técnico

Dirección: Xosé Antón Moure e Fran Velo.
Produción: Julio Fernández, Jesús Vecino, Amalia Mato, Diego Guerrero.
Guión: Xosé Antón Moure e Fran Velo.
Música: Marcos Payno.

Observacións

Consta de 13 capítulos.

Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org