inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Busca en catálogo buscar
voltar ó listado Catálogo
Doentes
2010 - rematado
Cine
Asociado:
Formato:
Longametraxe
Idioma:
galego
Argumento

Doentes, rodada integramente en Santiago de Compostela, conta o que acontece nos anos cincuenta, a noite na que o actual Hostal dos Reis Católicos (antes Hospital) é desaloxado, botando aos doentes ás rúas compostelás.

Nesa noite trepidante, chea de sorpresas e verdades inconfesables, atopámonos coa historia de Valeriano e Cañete, dous perdedores, dúas personaxas marcadas que se complementan e retroalimentan nun escenario único, a Compostela dos anos cincuenta.

O inesperado desmantelamento do vello Hospital Real enche as rúas de Santiago de enfermos, peregrinos perpetuos e pobres e unha noite de apracible vagabundeo convértese nunha carreira pola supervivencia de dous estraños amigados pola dor que, non podendo cambiar o mundo, loitan, polo menos, por chegar a velo, outra vez, pola mañá.

A estrea en salas está prevista para o mes de maio, despois presentarse no Festival de Cans.

Equipo artístico

Xosé Manuel Olveira Pico, Xosé Antonio Durán Morris, María Vázquez, Rosa Álvarez, Manolo Cortés, Farruco Castromán, Gonzalo Uriarte

Equipo técnico

Director: Gustavo Balza
Guión: Roberto G. Méndez e Gustavo Balza
Produción executiva: Antón Reixa
Director de fotografía: Suso Bello
Directora de Arte: Alexandra Fernández

Festivais

- Festival de Málaga de Cine Español 2011. Sección oficial.
- Festival de Cans (o Porriño).

Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org