inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Busca en catálogo buscar
voltar ó listado Catálogo
Emilia Pardo Bazán. A condesa rebelde
2011 - rematado
TV
Asociado:
Formato:
Longametraxe
Idioma:
galego
Argumento

A película relata a vida da escritora galega Emilia Pardo Bazán, muller que rompeu moldes, foi pioneira en case todo e xunto con Clarín e Galdós forma parte dos escritores máis destacados da novela española do século XIX. Foi a primeira muller que estivo á fronte dunha cátedra universitaria, a primeira xornalista profesional, unha das defensoras do feminismo decimonónico e a gran narradora da súa época. Unha vida apaixonante na que destaca a súa relación amorosa con Benito Pérez Galdós. Gozou ademais da amizade de Víctor Hugo, Unamuno e Clarín, entre outros escritores.

O personaxe de Emilia Pardo Bazán relata a loita pola igualdade de condicións levada a cabo por mulleres coñecidas e anónimas ao longo da historia. E lembra momentos decisivos da súa vida como os desexos da escritora de converterse en directora da Sección de Literatura do Ateneo de Madrid, conseguir unha cátedra na Universidade e ser membro da Real Academia Española, a única meta que non logrou. Ademais, Emilia Pardo Bazán, apoiada pola súa familia, especialmente polo seu pai, decide separarse do seu marido para dedicarse de maneira total á literatura.

Equipo artístico

Emilia Pardo Bazán: Susana Dans
Benito Pérez Galdós: Manolo Solo
Pepe Quiroga: César Cambeiro
Dona Amalia: Mabel Rivera
Dona Vicenta: Casilda Alfaro
Gaspar: Albert Forner
Tomás: Balbino Lacosta
Mariana: Tamara Canosa
Sofía: Lúa Testa
José Pardo Bazán: Manuel Lourenzo
Dositeo: Manuel Millán
Arturo: Jordi Ballester
Blasco Ibáñez: Sergio Caballero

Equipo técnico

Dirección: Zaza Ceballos
Guión: Puri Seixido
Directora Artística: Alexandra Fernández
Director de Fotografía: Juan Carlos Lausín
Música: Pablo Cervantes
Vestiario: María Gil
Peiteado Mara Collazo
Montaxe Fernando Alfonsín e Gerardo Rodríguez
Dirección Produción: Sara Gonzalo
Son: David Machado
Casting: Natalia Flores

Observacións

A Coruña (Pazo de Meirás, Fábrica de Tabacos da Coruña, Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, Villa Isabel de Oleiros), Pontevedra (Mosteiro de Poio) e Madrid (Ateneo de Madrid e a Real Academia Española).

Ligazóns
Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org