Que teñen en común? Así comeza o novo programa da Televisión de Galicia Xente con xente. Os reporteiros Inma Morandeira e Matías Tarrío descobren as semellanzas e diferenzas entre os tres lugares elixidos para visitar en cada programa.
Tres lugares que manteñen unha estreita relación: nalgún caso será a paixón polo fútbol; noutro, a forma peculiar de cocer o pan, lendas que os converten en lugares máxicos ou a súa relación co polbo.
Este será o fío condutor a través do cal nos achegaremos aos costumes de cada lugar, ao seu día a día, coñecendo incluso os conflitos que poidan existir con outras zonas, os cantos e bailes típicos ou a destreza entre fogóns á hora de levar os nosos manxares á mesa.
Porque non hai nada mellor que pasar o tempo entre veciños: Xente con xente.
No web da
Televisión de Galicia xa podes ver o avance.
Produtor: Pancho Casal
Directora: Paula Cons
Produtores Executivos: Pancho Casal e Paula Cons
Produtora delegada TVG: Vanessa Grela
Director de Produción: Carlos Amoedo
Xefe de Produción: Iago Veloso
Reporteiros: Inma Morandeira e Matías Tarrío
Operador de Cámara: Pablo Costas
Editores: Xosé González e Roi Sande
Música: Pablo Pascual e Pedro Pascual
Grafismo: Domovoi Dixital
Posprodutor de Son: DDA
Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org