Copito de Nieve, de novo entre as 15 películas máis vistas
02/02/2012
O filme de Filmax Animation incrementou a súa recadación nun 17% con respecto á semana anterior, situándose entre as 15 películas máis vistas na que xa é a súa sétima semana nos cines.
Comeza a rodaxe de A visitadora de cárceres protagonizada por Blanca Portillo
27/01/2012
Blanca Portillo dá vida á legalista, escritora e feminista galega Concepción Arenal nunha película para televisión que dirixe Laura Mañá. O vindeiro 1 de febreiro comezará a rodaxe de A visitadora de cárceres, unha película para televisión ambientada a mediados do século XIX que recrea a época na que a avogada e escritora Concepción Arenal traballou como visitadora de cárceres na prisión de mulleres da Coruña, o que daría como froito algunhas das súas obras clave que habían servir de base para a reforma do sistema penal en España.
A AGAG organiza un seminario sobre Novos Formatos de Entretemento
31/01/2012
Na vindeira xornada de formación organizada pola Asociación Galega de Guionistas(AGAG) analizarase o proceso de creación dun formato de non-ficción, as novas tendencias a nivel internacional ou en que consiste un departamento de I+D de televisión.
A EGACI organiza un curso sobre técnicas de pitching
26/01/2012
A guionista Analía G. Alonso impartirá un curso sobre técnicas de pitching nas xornadas do 18 e 19 de febreiro na EGACI (Avda. del Puente, 80) en Vigo.
Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org