inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Novas destacadas
Imaxe da nova

I Xornadas sobre Economía de Guerra, Propostas Alternativas á Industria Audiovisual

2013-05-14

Dende hoxe, 14 de maio, ata o vindeiro xoves día 16 terá lugar na Coruña, na Escola de Imaxe e Son, as I Xornadas sobre Economía de Guerra, Propostas Alternativas á Industria Audiovisual Actual organizado polo colectivo Somos Os Elixidos.

Imaxe da nova

Master Class con Ángel de la Cruz organizada por AGAG

2013-05-03

A AGAG (Asociación Galega de Guionistas) organiza unha Master Class de Guión Adaptado con Ángel de la Cruz. A Master Class: Da novela gráfica ao guión de animación, terá lugar na sede SGAE de Santiago de Compostela entre as 17.00 h. e as 20.30 h. o vindeiro venres 10 de maio.

.
Imaxe da nova

Curso de inmersión lingüística especializado en inglés audiovisual

2013-04-12

O curso terá lugar do 19 ao 21 de abril, no hotel AC by Marriott Vila de Allariz e está orientado a mellorar a fluidez no inglés. O obxectivo será que calquera profesional do audiovisual poida afrontar unha conversa en inglés coa tranquilidade que da o dominio do vocabulario e estruturas básicas no mundo audiovisual.

Imaxe da nova

Cursos de formación para o sector audiovisual

2013-04-09

Adarme Visual-Formación organiza cursos audiovisuais para profesionais, estudantes e afeccionados de diferentes nivéis. De abril a xullo ten programado unha serie de cursos e obradoiros para grupos reducidos con horario en días laborais e tamén grupos intensivos de fin de semana.

.
Imaxe da nova

Foro con Manuel Villanueva, Director Xeral de Contidos de Mediaset

2013-04-08

O director xeral de contidos de Mediaset España, Manuel Villanueva, estará o vindeiro xoves 11 de abril na Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre para impartir o foro A evolución do mercado da televisión nos últimos anos. A experiencia Mediaset, que organiza o Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), o posgrado en Comercialización Internacional de Contenidos Audiovisuales (CICA) e a Asociación de Directivos de Comunicación (Dircom).

Imaxe da nova

Workshop Stop Motion

2013-04-07

Os días 13 e 27 de abril e 4 de maio terá lugar un taller de Stop Motion, impartido por Duplo Studio coa colaboración da Obra Social NCG. A idea é dar a coñecer a técnica tanto a profesionais como a personas interesadas en introducirse no eido da animación.

.
Imaxe da nova

Alumnos do MPXA presentarán os seus proxectos ante responsables de produtoras galegas

2013-04-02

O vindeiro venres, 5 de abril, terá lugar no Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio da Universidade da Coruña que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, unhas xornadas de pitching nas que os alumnos exporán os proxectos. O tribunal estará composto por Teresa Fdez-Valdés, directora de Bambú Producciones; Emma Lustres, directora de Vaca Films; Rosa Vilas, directora de Televisión de Galicia; Mamén Quintás, xerente de Ficción Producciones; Andrés Barbé, presidente de Formato Producciones e presidente do Clúster Audiovisual de Galicia; e o produtor Pancho Casal.

Imaxe da nova

Encontro con Eva Cebrián, organizado polo CLAG

2013-03-30

O 4 de abril celebrarase na Cidade da Cultura un Coloquio con Eva Cebrián, Directora da Área de Cine de Televisión Española, quen en primeiro lugar fará unha intervención baixo o título :TVE, unha ventá aberta ao cine. O seu compromiso co cine español.

.
Imaxe da nova

Xornada sobre A ECONOMíA DAS RODAXES EN ESPAÑA

2013-03-15

O Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) xunto coa Spain Film Commission (SFC) organiza unha xornada sobre A ECONOMíA DAS RODAXES EN ESPAÑA. O acto terá lugar o vindeiro xoves día 21 de marzo ás 9 e media no Auditorip da Secretaría de Estado de Cultura.

Imaxe da nova

Cursos intensivos e prácticos orientados ó sector profesional audiovisual

2013-03-13

Cursos intensivos e prácticos orientados ó sector profesional: Workshop Cinema 4D, Workshop Motiongraphics, Workshop Edición e Postproducción e Workshop Stopmotion. Diferentes niveles: iniciación, intermedio e avanzado.

.
Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org