O Festival de Cine de San Sebastián selecciona Agua fría de mar, de Tic Tac
2010-08-13
O Festival de San Sebastián acaba de confirmar que a película Agua fría de mar, da compañía galega Tic Tac Producciones, será un dos títulos que competirá polo Premio Horizontes, dotado con 35.000 euros. Horizontes Latinos é o apartado do certame donostiarra dedicado ás obras máis interesantes e innovadoras do cine latinoamericano, títulos que contan co aval de grandes certames como o Festival de Rotterdam, no caso de Agua fría de mar.
A Escola de Imaxe e Son de Vigo e a Universidade Europea de Madrid asinan un acordo de colaboración
2010-08-11
O acordo posibilita que os antigos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo poidan realizar as probas de acceso á universidade de balde e teñan importantes descontos na matrícula nalgúns dos cursos de titulación oficial que imparte a Universidade Europea de Madrid. Estes beneficios tamén abarcan aos seus cónxuxes e fillos. Ademais os profesionais do sector audiovisual poderán cursar o Grao de Audiovisual ou Publicidade dende as instalacións da Escola en Vigo, convalidando a súa experiencia por materias e finalizando os seus estudos en dous anos.
Paralizado o investimento da Xunta de Galicia no audiovisual galego
2010-08-03
Tra-la falta de resposta do Goberno da Xunta de Galicia perante os reiterados esforzos de negociación do sector e fronte a falta dunha política audiovisual definida, agravada pola paralización de contratación da Televisión Pública de Galicia reuníronse as asociacións de profesionais e empresarios do sector audiovisual galego (AGA, AAAG, AEGA, AGAG, AGAPI, APRADOGA, ATEGA, CREA) e por unanimidade demandan unha solución urxente para resolver esta situación dunha gravidade sen precedentes.
2010-08-03
A curtametraxe de animación multipremiada de Continental Producciones O soldadiño de chumbo competiu e gañou o premio á mellor obra de animción no OFestivalOn (o antigo On&Off), celebrado en Ribadeo do 29 ao 31 de xullo.
The Way, de Filmax Animation, preséntase no Festival Internacional de Cine de Toronto (TIFF)
2010-07-29
Filmax Animation rodou o agardado título The Way ao longo do Camiño de Santiago no pasado ano. Os profesionais estadounidenses de orixe galega Martin Sheen e Emilio Estévez protagonizan e dirixen esta película sobre un oftalmólogo que percorre o Camiño para cumprir o último desexo do seu fillo.
A Escola Galega de Cine reúne a adolescentes de toda España
2010-07-28
A EGACI está a acoller a celebración dun campamento de cine no que adolescentes chegados de toda España aprenden os fundamentos das profesións audiovisuais e gravan unha curtametraxe.
O diario de Carlota, de Milou Films, xa está nos cines
2010-07-27
A última película da produtora galega Milou Films, O diario de Carlota, estréouse a semana pasada nas salas de cine. A película adapta a novela de Gemma Lienas sobre os difíciles dezaseis anos dunha moza con moitas dúbidas. O reparto conta con actores coñecidos polo seu traballo na televisión como Andrea Ros, Lorena Mateo ou Maxi Iglesias.
O programa europeo Media apoia por segunda vez consecutiva as producións de Vaca Films
2010-07-22
A Unión Europea apoia por segunda vez consecutiva a Vaca Films a través do Programa Media, na súa modalidade de axuda Slate Funding. Este ano os proxectos apoiados foron tres: Invasor, que será dirixida por Daniel Calparsoro, En ningun lugar, de Manu Sanabria, e Secuestrados, de Miguel Ángel Vivas.
O Festival de Lima selecciona Agua fría de mar, de Tic Tac, para a súa sección oficial
2010-07-20
A película Agua fría de mar, de Tic Tac Producciones, chega a Perú co primeiro premio do Festival de Rotterdam baixo o brazo. Froito da coprodución entre compañías galegas, francesas, costarricenses, holandesas e mexicanas, o título será unha das pequenas películas por descubrir, como sinala o periódico peruano El Comercio.
Editorial Galaxia pon á venda 72 e-books dende a súa web
2010-07-20
Dende o 15 de xullo é posible mercar os eBooks da Editorial Galaxia directamente dende a súa web (http://www.editorialgalaxia.com). Deste xeito, 72 títulos da literatura galega de todos os tempos puxéronse ao alcance dun simple clic.
Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org