inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Axudas Novas destacadas
Imaxe da nova

Axudas a festivais

2015-12-28

.
Imaxe da nova

Novo modelo de cine

2015-12-23

Imaxe da nova

Axudas da Agadic para a promoción do talento audiovisual galego

2014-08-14

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destina un orzamento total de 145.000 euros á súa nova convocatoria de subvencións para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego, que este ano incorpora unha modalidade dirixida á realización de longametraxes por parte de directores noveis.

.
Imaxe da nova

Axudas para producións e coproducións audiovisuais

2014-08-13

A Agadic publica a nova convocatoria de axudas a producións e coproducións audiovisuais cunha dotación de 2.000.000 euros, un 81,8 % máis que en 2013. Xunto con este importante incremento na contía total, que será distribuída en tres anualidades, as bases deste ano introducen unha reestruturación das modalidades de subvención. Xestionada por Cultura e Educación a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), esta convocatoria de 2014 articúlase arredor de tres categorías de axuda, con cadanseu subapartado para os diferentes tipos de produtos audiovisuais que son obxecto de apoio: longametraxes de ficción ou documentais, curtametraxes e longas de animación, así como producións para televisión. Nos tres casos, os proxectos deben ser levados a cabo por produtoras independentes.

Imaxe da nova

Axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega

2014-07-28

As axudas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega contan cunha dotación de 175.000 euros para a súa convocatoria de 2014, importe que supón un incremento do 16,6 por cento respecto do total adxudicado o ano pasado. Esta contía global, que será distribuída entre as anualidades 2014 e 2015, destínase especificamente a apoiar as produtoras independentes no traballo previo á produción de novas longametraxes cinematográficas de ficción e de animación, así como de diferentes produtos televisivos.

.
Imaxe da nova

Axudas para asisitir a Micsur

2014-04-22

O Diario Oficial de Galicia publicou o 22.04.14 a convocatoria de axudas da Agadic para a asistencia ao Mercado de Industrias Culturales del Sur (MICSUR), que se desenvolverá na cidade arxentina de Mar del Plata do 14 ao 18 de maio.

Imaxe da nova

Axudas para incrementar a oferta de contidos dixitais en internet

2014-04-21

Axudas para incrementar a oferta legal de contidos dixitais culturais en internet e para promover a modernización e innovación das industrias culturais e creativas.

.
Imaxe da nova

Axudas á produción de longametraxes sobre proxecto

2014-02-27

Máis info: BOE, 27 de febreiro de 2014

Imaxe da nova

Axudas para a produción de curtametraxes sobre proxecto

2014-02-27

Máis info: BOE, 27 de febreiro de 2014

.
Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org