O Festival (S8) bate o seu récord de asistencia
2013-06-11
Máis de 8.000 persoas participaron no (S8) 4ª Mostra de Cinema Periférico da Coruña, que se celebrou do 05 ao 08 de xuño cun diverso programa no que o 85% das pezas proxectáronse na súa formato orixinal (Super 8, 8mm, 16 mm, 35mm). Unha cuarta edición que arrincou cunha homenaxe ás orixes do cine na figura de Georges Méliès a través da presenza na cidade das súas descendientes Marie-Hélène e Lawrence Lehérissey.
O OURO DO TEMPO competirá na Sección Oficial do Festival Internacional de Karlovy Vary
2013-06-06
O OURO DO TEMPO acaba de ser seleccionada para participar na sección oficial da 48 edición do Festival Internacional de Karlovy Vary. Este drama intimista, a nova cinta do director galego Xavier Bermúdez, será a única representante do cine español e hispano que opte ao Globo de Cristal no prestixioso certame centroeuropeo.
Palmarés do X Festival de Cans
2013-05-27
O festival de Cans acaba de finalizar a súa X edición (do 22 ó 25 de maio). Un ano máis acadou unha grande repercusión e foron moitas as persoas que non quixeron perderse esta cita ineludible co agroglamour e co cine.
Arrinca a X edición do Festival de Cine de Cans
2013-05-22
Como marca a tradición, os veciños e veciñas de Cans volverán a ser os protagonista da primeira xornada do festival. O punto de arranque será na rotonda da Adroza, onde As Pandereteiras de Cans renderán homenaxe á estatua do Can de pedra. Antes, ás 16:30, proxectarase o documental FRAGA Y FIDEL SIN EMBARGO no Baixo de Moncho. Será unha edición moi especial na que o festival celebra o seu décimo aniversario con catro días de proxeccións e boa música rodeados de grandes amigos que marcaron a súa historia.
A S8 Mostra de Cinema Periférico terá lugar do 5 ó 8 de xuño na Coruña
2013-05-22
A (S8) Mostra de Cinema Periférico terá lugar do 5 ao 8 de xuño na Coruña. Xa se pode consultar a programación que recolle diversas actividades repartidas en diferentes espazos da cidade. A sede principal do Festival será o edicifio da Fundación Novacaixagalicia.
O APÓSTOLO seleccionado para competir no Festival de Cine de Annecy
2013-04-24
A película O APÓSTOLO, dirixida por Fernando Cortizo e producida por Artefacto Producciones, é un dos nove filmes seleccionado para competir na sección oficial do Festival de Cine de Annecy (Francia), o certame de cine de animación máis importante a nivel internacional.
Aberto o prazo de inscrición para o II Festival Primavera do Cine
2013-04-05
O II Festival Primavera de Cine admite curtametarxes, longametraxes e Videoclips. Este ano como novidade súmase outra sección en competencia, Cine Infantil. Podedes participar con obras sen límite nas datas de realización. Adxunto as bases e a ficha de inscripción. Neste Festival debatirase a situación do cine actual en Galiza e sobretodo das dificultades para a súa distribución.
2013-03-06
O Festival Primavera do Cine arranca a súa segunda edición co lanzamento das bases e a apertura do prazo de presentación das producións a concurso.
Compostela estreará en xuño o I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago
2013-02-21
Compostela contará neste ano 2013 cun novo festival de cine. Chámase Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago e xorde, segundo o seu sitio web para ofrecer o mellor cine feito en España.
A curtametraxe O XIGANTE seleccionada en varios Festivais
2013-02-21
A curtametraxe O XIGANTE, producida por Abano Producións e por Pilot Design, vén de ser seleccionada para participar en distintos festivais nacionais. Trátanse de Animac 2013, a Mostra Internacional de Cine de Animación de Cataluña que terá lugar en Lleida do 28 de febreiro ao 3 de marzo; do Festival madrileño ¡Qué bello es vivir, a celebrar o día 1 de marzo, e de CURTMIRATGES 2013 de Barcelona, cuxos pases xa están programándose.
Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org