inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Galicia Audiovisual Novas destacadas
Imaxe da nova

O Salón Teatro proxecta a curtametraxe FLORES PARA AMALIA

2013-06-06

A Consellería de Cultura e Educación ofrece este venres 7, ás 21.00 h, no Salón Teatro de Santiago a presentación da curtametraxe Flores para Amalia, do director Nani Matos. A fita, que está a iniciar o seu percorrido de proxeccións e participación en festivais, acaba de obter os premios do público e do xurado dos veciños á mellor curta de ficción en Cans.

Imaxe da nova

O XABARÍN CLUB amplía a oferta de animación con novas series dispoñibles na súa versión en inglés

2013-05-28

O club infantil e xuvenil da Galega continúa a sorprender os máis pequenos da casa coa incorporación de contidos e ficcións sempre á vangarda. O Xabarín Club atópase estes días inmerso na actualización de series de animación adaptadas ás idades dos seus seguidores, producións de éxito nos seus países de orixe que ademais poderán verse na súa versión orixinal en inglés.

.
Imaxe da nova

O Salón Teatro de Santiago acolle este xoves a estrea do documental SHOOTS FROM ABYSSINIA de Ovidio Fernández

2013-05-28

A Consellería de Cultura e Educación ofrece este xoves 23, ás 20.30 h, no Salón Teatro de Santiago a estrea da longametraxe documental Shoots from Abyssinia, de Ovidio Fernández. O seu fillo Abdul, etíope de nacemento e galego de adopción, protagoniza este filme, rodado no verán de 2010 durante a viaxe que realizaron ao norte de Etiopía.

Imaxe da nova

A TVG presenta no Congreso de Circom o seu Laboratorio de Innovación Audiovisual

2013-05-14

A CRTVG presentou no marco do 31ª Congreso de Circom Rexional, o seu proxecto de Laboratorio de Innovación Audiovisual, denominado Labovisión de Galicia. Esta iniciativa, orientada á procura de novas tendencias audiovisuais, pretende promover e apoiar a creación de talento no noso país. A finalidade de Labovisión é experimentar nos novos medios e nos novos formatos, de xeito que a CRTVG se convirta nun escaparate e nun banco de probas de novos proxectos.

.
Imaxe da nova

A TVG e RTP intercambiarán e impulsarán conxuntamente propostas audiovisuais

2013-05-13

A Televisión de Galicia e a Radio e Televisión de Portugal (RTP) asinaron o pasado venres, día 10, un convenio de colaboración, como medios públicos de comunicación de Galicia e do país veciño, para a produción conxunta de programas e de obras audiovisuais, entre outras actividades.

Imaxe da nova

ARRAIANOS de Eloy Enciso, Premio da Crítica ó Novo Talento D’A 2013

2013-05-03

O DA 2013- festival Internacional de Cine de Autor de Barcelona condeceu o Premio da Crítica ó Novo Talento D’A 2013, ó filme ARRAIANOS de Eloy Enciso, pola súa habilidade para integrar no relato cinematográfico a unha comunidade rural, cuxa memoria, tradición oral e formas de vida perviven e dialogan co presente.

.
Imaxe da nova

O documental 100% CEF obtén o premio xornalístico Xosé Aurelio Carracedo

2013-04-24

O xornalista Aser Álvarez acaba de ser elixido gañador da edición de 2013 do premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo polo documental 100% CEF, un traballo participado pola Televisión de Galicia co que o director ourensán tamén obtivo recentemente o premio Mestre Mateo na súa categoría. 

Imaxe da nova

Luís Tosar estréase como director cun documental sobre mulleres na India

2013-04-05

Luís Tosar pasa ao outro lado da cámara e estréase como director en CAMBIA DE PAPEL, un documental codirixido por María Reimóndez e a cineasta támil Kutti Revathi. O filme trata a capacidade de impacto das mudanzas individuais e presenta de maneira anovadora a actividade da ONGD galega Implicadas no Desenvolvemento e da súa organización compañeira en Támil Nadu (India) PDI.

.
Imaxe da nova

A saga galega de Dragal converterase en videoxogo, cómic e filme da man de Ficción Producións

2013-03-21

Na nosa terra temos a nosa particular J.K. Rowling (creadora de Harry Potter), falamos de Elena Gallego Abad, autora de Dragal I: A herdanza do dragón -Premio Frei Martín Sarmiento 2012- e de dúas entregas máis desta serie, Dragal II: A metamorfose do dragón, e o terceiro libro, Dragal III: A fraternidade do dragón. Perante o triunfo que supuxo a saga Dragal, Ficción Producións decidiu facerse cos dereitos dos libros.

Imaxe da nova

CRTVG Viva A Academia Galega do Audiovisual outórgalle ao Xabarín Club o premio de honra dos Mestre Mateo 2013

2013-02-12

O porco bravo da Televisión de Galicia, a estrela protagonista do Xabarín Club, non podería estar máis de parabéns, posto que a Academia Galega do Audiovisual acaba de anunciar que este ano lle concederá o Premio de Honra Fernando Rey ao espazo infantil e xuvenil da Galega.

.
Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org