A Comisión Mixta sigue estudando un novo modelo para o cine
2013-05-13
A 5º reunión da Comisión Mixta para o estudo dun novo modelo de financiamento do cine tivo lugar o pasado día 8 de maio en Madrid. Os produtores agardaban conseguir unha mellora na porcentaxe de incentivos fiscais, máis próxima o 40% que se manexa noutros países europeos, pero as demandas non foron atendidas, e os incentivos manteranse no 18% actual.
Emilio A. Pina, novo director xeral da Academia de Cine
2013-05-06
O produtor executivo e director de produción Emilio A. Pina é o novo director xeral da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España. Foi elixido pola Xunta Directiva da Academia de Cine na súa reunión do pasado 29 de abril, trala aprobación unánime da comisión designada para seleccionar ao novo director xeral da institución.
O cine de animación pide un impulso para aumentar as exportacións
2013-03-08
O cine español de animación, unha industria en crecemento que atesoura éxitos internacionais como PLANET 51, CHICO Y RITA ou LAS AVENTURAS DE TADEO JONES, busca ferramentas financieiras que lle permitan continuar exportando e pide máis implicación das televisións.
Premios de Alfabetización Audiovisual
2013-03-05
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte crea os Premios «Historia da Cinematografía» e «Alfabetización audiovisual» e establece as bases reguladoras para a súa concesión no BOE do 5 de marzo de 2013.
Lista de gañadores dos Premios Goya 2013
2013-02-18
A continuación tedes a relación de gañadores dos 27 Premios Goya entregados onte, día 17 de febreiro.
Constituída a Comisión para o estudio dun novo modelo de financiación cinematográfica
2012-12-10
O pasado 5 de decembro constituiuse a Comisión para o estudo dun novo modelo de financiación da cinematografía e do audiovisual. A esta primeira reunión asistiu o ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, que destacou a importancia do formato deste encontro, integrado polo conxunto de departamentos ministeriais con competencias na financiación do cine, así como polo sector da cinematografía e o audiovisual.
O Goberno regula a compensación por copia privada con cargo ós Presupostos xerais do Estado
2012-12-08
O Consello de Ministros aprobou o vernes 7 de decembro o Real Decreto polo que se regula o procedemento de pago da compensación equitativa por copia privada con cargo ós Presupostos Xerais do Estado. Con este Real Decreto realízase o desenvolvemento reglamentario previsto no Real Decreto Lei 20/2011, do 30 de decembro, polo que se suprimía o denominado Canon Dixital, e cúmprese coa obriga que impón a normativa comunitaria e española de establecer unha regulación para abonar a compensación por copia privada ós titulares dos dereitos de propiedade intelectual.
CineFiesta homenaxe a V. Erice e mostra o cine español máis actual en Portugal
2012-11-16
CineFiesta é unha mostra de cine español que se celebra en Portugal. Busca difundir e mostrar o traballo de novos realizadores. O ciclo comezará coa exhibición de MIENTRAS DUERMES, dirixida por Jaume Balagueró. Tamén se poderán ver BLANCANIEVES, de Pablo Berger; GRUPO 7 de Alberto Rodríguez; TENGO GANAS DE TI de Fernando González Molina; FIN, opera prima de Jorge Torregosa; LAS AVENTURAS DE TADEO JONES de Enrique Gato; LA CHISPA DE LA VIDA de Álex de la Iglesia, TAMBIÉN LA LLUVIA de Iciar Bollaín; EL SEXO DE LOS ÁNGELES de Xavier Villaverde; e a animación do cómic homónimo, ARRUGAS de Ignacio Ferreiras.
A figurinista Yvonne Blake, Premio Nacional de Cinematografía 2012
2012-09-05
A figurinista Yvonne Blake (Manchester, 1938) gaña o Premio Nacional de Cinematografía. O xurado destacou que o premio é moi merecido por dedicar a súa actividade profesional ó cine español con rigor, elegancia e creatividade, convertindo ó vestuario nun dos aspectos máis valiosos das numerosas pelíuclas nas que ten participado.
Os empresarios do sector cultural solicitan ó Goberno que reconsidere o IVA
2012-08-02
Á vista dos datos devastadores: 4.226 empleos directos perdidos, unha previsión dun 20% de empresas pechadas nos vindeiros meses e 43 millóns de espectadores menos. A Industria cultural española constitúe un motor económico e de crecemento, representando o 3.2% do PIB nacional e empleando a cerca de 500.000 traballadores.
Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org