inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

Vedra acolle o LAV 010- Xornadas de Formación e Mostra Audiovisual de Vedra

2010-01-26

Do 20 ao 28 de febreiro a localidade de Vedra acollerá unha morea de cursos especializados no eido audiovisual e unha mostra de traballos.

Organizaranse cursos de iniciación sobre a realización de curtametraxes, documentais, animación, interpretación diante da cámara, guión audiovisual, son creativo, dirección de fotografía, maquillaxe FX e operador de cámara.

Tamén haberá obradoiros avanzados sobre codificación de vídeo dixital, RED ONE, técnica vocal e Steady Cam.

Os estudantes da E.S.O. contarán cun curso de iniciación as curtametraxes especialmente deseñado para eles.

A inscrición está aberta a través da súa páxina web, onde tamén pódese atopar toda a información sobre o encontro.

Ligazóns
http://www.senunpeso.org



Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org