inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Auga fría de mar, de Tic Tac Producciones, gaña o Festival de Rotterdam

2010-02-08

A película de Tic Tac Producciones, Auga fría de mar triunfou na súa estrea mundial na Sección Oficial do Festival de Rotterdam levándose o máximo galardón, o Tigre. O xurado internacional destacou a película pola súa magnífica edición que constrúe un orgánico fluxo de imaxes mentres que a súa intensa dirección crea unha inquietante atmosfera e tensión.

A película partía como unha das favoritas logo de encher o aforo de todas as proxeccións e ser consideradda pola crítica como unha pequena xoia e unha das películas máis fortes do festival. As longametraxes Mundane History, de Anocha Suwichakornpong e Alamar, de Pedro González-Rubio tamén fueron galardoados.

De rodaxe íntegra en Costa Rica, Auga fría de mar vén colleitando éxitos dende os seus inicios. A súa primeira presentación realizouse en Cine en Construcción do Festival de San Sebastián no pasado mes de setembro, e, agora, comeza en Rotterdam o seu percorrido internacional que se promete moi fructífero.

Os críticos xa apuntaban ao posible éxito da película logo da súa proxección no festival.

Para Javier Alcácer, do portal otroscines.com, o festival foi testemuña de como a cidade enteira vaise ao cine para descubrir pequenas xoias como Auga fría de mar, ópera prima da moza costarricense Paz Fábrega. (...) O título aparece como un dos contendientes máis sólidos para levarse algún premio.

O crítico Diego Brodersen, do xornal arxentino Página 12, destacou Outro debut de sorprendente riqueza conceptual e estética, Auga fría de mar, atopa a súa moza realizadora, a costarricense Paz Fábrega, enfrascada nun enganosamente sinxelo relato que cruza os pasos dunha nena e unha muller nova ao longo das súas vacacións. Rodado en formato scope e cunha dirección de fotografía notable –particularmente nas esceas nocturnas–, o filme posúe unha sensibilidade misteriosa que logra retratar a dous seres en estado de rebeldía co mundo que os rodea, sen resultar pretenciosa dende o temático nin ampulosa dende o formal.

Noutra cabeceira, o coñecido diario de ocio TimeOut London, Dave Calhoun alabou a película como un dos filme máis fortes de Rotterdam, o debut de Paz Fábrega, unha directora costarricense e graduada na London Film School. Este cálido traballo debuxa os paralelismos entre unha nena pobre e unha turista, cuxas vidas se cruzan nas espléndidas paisaxes da costa. É unha película reflexiva e misteriosa que non teme ao silencio.

Tamén Frank Witkam, de Movie Sense, coincidiu cos outros especialistas á hora de destacar a calidade deste debut e as súas posibilidades no festival, nun ano no que a competición é especialmente dura.

Auga fría de mar é unha coprodución de Tic Tac Producciones (Galicia), Le films du Requin (Francia), Temporal Films (Costa Rica), Pimienta Films (Mexico) e Isabella Films (Holanda) e conta co apoio do Programa Ibermedia TorinoFilmLab, Hubert Bals Fund, Cinergia, Fondation Gan, Angoa, Région Ile-de-France e o Premio BAL /Arte France del Festival de Internacional de Cine de Buenos Aires

Ligazóns
http://www.filmfestivalrotterdam.com/nl/



Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org