inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Celda 211 parte como favorita para os premios Mestre Mateo

2010-04-15

Despois do grande éxito conseguido nos premios Goya, Celda 211, de Vaca Films, ten 15 candidaturas en 14 categorías diferentes. Outras catro produtoras de AGAPI tamén contan con posibilidades de premio. A gala se entrega retransmtitirase hoxe, dende as 22.36 horas na Galega.

Vaca Films parte como a principal favorita coas 15 candidaturas de Celda 211. O thriller carcelario conta con posibilidades de premio como mellor longametraxe, dirección, guión, dirección de produción, fotografía, maquillaxe e perruquería, vestiario, dirección artística, montaxe, son, música orixinal, interpretacións masculina protagonista e de reparto, e interpretación feminina de reparto.

Outra das estreas máis sonadas do ano, a película sobre a mafia galega Agallas, de Continental Producciones, conta con 8 candidaturas, como mellor longametraxe, dirección de produción, vestiario, dirección artística, montaxe, son, música orixinal e interpretación masculina de reparto.

Ademais, a compañía Continental tamén conta con candidaturas para outros proxectos. A miniserie Conexión pode facer se cos premios á mellor película para televisión e á mellor interpretación feminina de reparto. O programa Ruta 66 opta á mellor realización e Quotidiania Delirante conta con opcións de premios como mellor obra interactiva.

Milou Films completa o listado de produtoras con opcións a levarse o Mestre Mateo á mellor longametraxe. A súa película Un bo home tamén conta con outra candidatura na categoría de mellor son.

O documental de Tic Tac Producciones Que culpa ten o tomate?, recentemente estreado en Santiago, acapara 5 candidaturas en apartados tan importantes como mellor longametraxe documental, dirección, fotografía, montaxe e son.

No apartado de programa de televisión tamén se escolleu o divertido título de Bren Entertainment Botarse ao monte, cuxo presentador Xosé Touriñán tamén pode facerse co premio ao mellor comunicador.

Pecha a escolma o guionista de Zenit Tv Raúl García quen está nominado pola súa curtametraxe de animación Nouturnio de Celanova.

Os premios Mestre Mateo son outorgados polos profesionais do sector galego reunidos ao abeiro da Academia Galega do Audiovisual.

Ligazóns
http://www.academiagalegadoaudiovisual.com/



Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org