inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

A EGACI organiza o campamento de cine para nenos Un verán de cine

2010-07-05

A Escola Galega de Cine (EGACI) organiza o campamento Un verán de cine en dous turnos, do 15 de xullo ao 31 de xullo, e do 1 de agosto ao 15 de agosto. Poderán asistir mozos de entre 11 e 17 anos.

O programa inclúe obradoiros de aprendizaxe de cámara cinematográfica, escenografía, iluminación, vestiario, interpretación, caracterización, maquillaxe e efectos especiais.

Os alumnos aplicarán os seus coñecementos na gravación de dúas curtametraxes. Ademais se organizarán ciclos de cine e excursións a diversos emprazamentos, como as Illas Cíes ou a cidade de Santiago de Compostela.

O campamento ofrece as opcións de asistir en réxime de aloxamento e pensión completa (800 euros) e en réxime externo con comidas (350 euros).

Pódese solicitar os impresos de matrícula en unipri@arrakis.es .

Máis información en:

Escuela Superior de Artes Cinematográficas de Galicia

Avda. del Puente nº 80. Cabral. 36318 Vigo. Pontevedra

Tlfs.: 986 251 511 - 986 378 467 www.egaci.net

e-mail: direccion@egaci.net.

Ligazóns
http://www.egaci.net/
Descarga aquí a información sobre o campamento de cine.


Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org