inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Saga Tv estreará en setembro un documental sobre Sofía Casanova

2010-07-07

A Maleta de Sofía é unha longametraxe que recupera a vida e a historia de Sofía Casanova, escritora, poeta e correspondente de guerra, que presenciou algúns dos acontecementos máis importantes do século XX, incluídas as dúas Revolucións Rusas e as dúas Guerras Mundiais. No vindeiro ano 2011 cumprirase o cento cincuenta aniversario do seu nacemento, en A Coruña.

Sofía tiña por costume escribir parte dos seus pensamentos nuns cadernos que gardaba coidadosamente nun interior dunha maleta de coiro. Está maleta desapareceu sen deixar rastro. E con ela, tamén se perdeu a verdade sobre Sofía Casanova. Este é argumento do fake documentary que desenvolve unhas tramas a medio camiño entre a narrativa documental e a ficción.

Un grupo de testemuñas pertencentes ao mundo da universidade, a cultura, e a política, así como algunhas das persoas que tiveron contacto máis ou menos directo con Sofía Casanova, reconstrúen a súa vida neste documental tratando de dar respostas á pregunta: “¿quen é Sofía Casanova?”. A narración comeza o día do seu nacemento, no ano 1861 na Coruña, e conclúe coa súa morte, cumpridos os noventa anos, en Poznan (Polonia). Entre as persoas do eido galego e polaco destacan os nomes de Ramón Villares, Rosario Martínez, Ramón Barreiro, Margarita Ledo, Marta Perez, Perfecto Conde, María do Cebreiro, Ramón Barreiro, Karol Meissner, Sofía Marzinek, Jacek Jawoski ou Viktoria Grygierzec, entre outros.

Marcos Gallego dirixe, produce e asina o guión deste documental, xunto a Gonzalo G. Velasco. Na adaptación e a realización participaron Comba Campoy, Cora Peña e Marcelo Martínez.

O Instituto de Estudos Padre Sarmiento (IEGPS) tamén vén de recuperar a historia da xornalista coa publicación de Vida e tempo de Sofía Casanova, un libro colectivo coordinado por Antón M. Pazos, investigador co Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).

Ligazóns
http://www.agapi.org/v2/proyectos.php?a=ficha&id=35



Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org