Catro proxectos de Tic Tac Producciones reciben o apoio do programa Ibermedia
2010-07-16
A primeira convocatoria do ano do Programa Ibermedia apoiou os proxectos de Tic Tac Producciones Polvo, Design atrás das grades, Tatá Cedrón e El Crítico, na categoría de Coprodución.
A produtora galega está a traballar sobre Polvo, un proxecto no que conta coa produción maioritaria que xa foi seleccionado para participar no EAVE/Puentes do Festival de Bos Aires (BACIFI) e do Mercado de Coproducción do Festival de Guadalajara. O proxecto a cargo de Tic Tac Producciones desenvolveuse na Residencia Cinefondation do Festival de Cannes.
Os títulos Design atrás das grades e Tatá Cedrón que Tic Tac Producciones coproduce son documentais que lideran produtoras portuguesas e arxentinas, respectivamente. El crítico tamén naceu da colaboración cunha produtora arxentina pero neste caso trátase dunha longametraxe de ficción.
Tic Tac Producciones é unha compañía galega independente que ten unha fonda experiencia no desenvolvemento e produción de longametraxes, especialmente, de coproducións entre Latinoamérica e Europa.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org