inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Editorial Galaxia pon á venda 72 e-books dende a súa web

2010-07-20

Dende o 15 de xullo é posible mercar os eBooks da Editorial Galaxia directamente dende a súa web (http://www.editorialgalaxia.com). Deste xeito, 72 títulos da literatura galega de todos os tempos puxéronse ao alcance dun simple clic.

Dende a portada web, a editorial elaborou un espazo que leva directamente ao portal de distribución de contidos dixitais onde se ofrecen todos os títulos ordeados alfabeticamente. A idea da editorial é ir incorporando progresivamente máis títulos ata poñer en formato dixital descargable para os lectores electrónicos a totalidade do catálogo.

A Editorial Galaxia continuou deste xeito o seu proceso de innovación nun ano, o 2010, no que conmemora os seus sesenta anos de vida. Tralo blog da editorial, que ofrece ademais da actualidade de Galaxia, artigos de opinión, espazos para o debate e galerías de arte co traballo dos seus ilustradores, e o seu desembarco nas redes sociais (Facebook e Twitter), o espazo web medrou con este novo servizo que permite que a lectura en galego, e a cultura do noso país, se adapte aos vieiros da vida contemporánea.

Ligazóns
http://www.editorialgalaxia.es/



Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org