inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

O soldadiño de chumbo, de Continental Producciones, recibiu o premio á mellor curta de animación no OFestivalOn

2010-08-03

A curtametraxe de animación multipremiada de Continental Producciones O soldadiño de chumbo competiu e gañou o premio á mellor obra de animción no OFestivalOn (o antigo On&Off), celebrado en Ribadeo do 29 ao 31 de xullo.

A curta adapta o conto clásico de Hans Christian Andersen e localízao no Museo do Xoguete de Allariz onde o Soldadiño ten que loitar contra un malvado Cigarrón polo amor da bailarina. A curta foi realizada cunha coidada técnica de modelado en plastilina e animada con stop-motion.

O programa do certame de curtametraxes incluíu títulos internacionais, a xa clásica sección de rodaxes express A Toda Mecha, a caravana de cinema infantil A Caixiña de Mistos e o novo apartado:o Faladoiro.

Ligazóns
http://ofestivalon.com/



Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org