As Xociviga organizan o curso A muller na encrucillada do audiovisual
2010-07-23
Do 2 ao 6 de agosto o concello do Carballiño acolle a celebración do curso de extensión universitaria A muller na encrucillada do audiovisual. No curso participan experimentadas profesionais galegas como Inmaculada Castaño, Chelo Loureiro, Beatriz Legerén, Fernanda del Nido, Paula Cons ou Diana Gonçalves e tamén se organizan proxeccións, entre elas a do telefilme Cota vermella, de Zaza Ceballos.
O curso programa unha serie de mesas redondas e proxeccións de obras realizadas por mulleres. Os temas de discusión céntranse no traballo das mulleres no sector dende o punto de vista das produtoras, guionistas, formadoras, directoras, técnicas e actrices.
A Universidade de Vigo organiza este curso no marco das Xornadas do Cine e Vídeo de Galicia de Carballiño (XOCIVIGA) e coa colaboración da Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA). A inscrición está aberta ata o 31 de xullo e ten un custo de 25 euros. O curso está pendente da validación por 2 créditos de libre configuración. Os detalles pódense consultar no tríptico que achegamos ao final da nova.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org