inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

O diario de Carlota, de Milou Films, xa está nos cines

2010-07-27

A última película da produtora galega Milou Films, O diario de Carlota, estréouse a semana pasada nas salas de cine. A película adapta a novela de Gemma Lienas sobre os difíciles dezaseis anos dunha moza con moitas dúbidas. O reparto conta con actores coñecidos polo seu traballo na televisión como Andrea Ros, Lorena Mateo ou Maxi Iglesias.

A protagonista, Carlota, ten dezaseis anos e está chea de preguntas. Sobre todos, despois de que o mozo que máis lle gustaba a deixe sen darlle ningunha explicación. Por iso, decide escribir un diario onde anota as súas experiencias e as das súas amigas, para atopar solucións a todos os seus problemas.

José Manuel Carrasco dirixe e asina o guión desta comedia xuvenil. A banda sonora corre a cargo de Xavier Font e Arturo Vaquero, candidato aos Premios Goya deste ano pola súa composición para Agallas. Aurum encárgase da distribución deste título que se estrea con 215 copias. Consulta a carteleira da túa cidade.

Ligazóns
http://www.agapi.org/v2/proyectos.php?a=ficha&id=245



Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org