inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

The Way, de Filmax Animation, preséntase no Festival Internacional de Cine de Toronto (TIFF)

2010-07-29

Filmax Animation rodou o agardado título The Way ao longo do Camiño de Santiago no pasado ano. Os profesionais estadounidenses de orixe galega Martin Sheen e Emilio Estévez protagonizan e dirixen esta película sobre un oftalmólogo que percorre o Camiño para cumprir o último desexo do seu fillo.

Martin Sheen volveu a Galicia, terra de orixe do seu pai, para interpretar a Tom Avery, un reputado oftalmólogo que vive en California. Avery recibe unha chamada dende Francia na que lle comunican que o seu fillo, Daniel (Emilio Estevez) faleceu nun temporal nos Pirineos mentres realizaba o Camiño de Santiago. A pesar de que a súa relación nunca foi moi boa, Tom decide viaxar a Francia e facer o Camiño por el. Emilio Estévez dirixe a película que tamén conta co traballo dos actores Santi Prego, Carlos Leal, Deborah Kara Unger, Yorick van Wageningen, James Nesbitt, e Ángela Molina.

The Way foi seleccionada para participar no Festival Internacional de Cine de Toronto. Do 9 ao 19 de setembro este certame convértese no marco de presentación das principais novidades da tempada cinematográfica e nunha das citas máis importantes do mercado norteamericano.

Ligazóns
http://www.filmax.com/



Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: agapi@agapi.org