inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Comezou a rodaxe do telefilme Eduardo Barreiros, o Henry Ford español, de Simón Casal de Miguel, producida por Continental e Salero Films

2010-11-03

O empresario galego Eduardo Barreiros foi considerado no ano 1964 o cuarto empresario máis importante de Europa. Pero na actualidade tan só é recordado por aqueles que viron circular os seus camións. A historia do fulgurante ascenso empresarial de Eduardo Barreiros, pero tamén da caída que lle postergou a un inmerecido olvido en España, son o eixo central do guión da película para televisión que acaban de comezar a rodar a produtora galega Continental e a andaluza Salero Films.

A rodaxe, que comezou o pasado 18 de outubro, terá lugar durante as vindeiras tres semanas buscando contar a historia dun humilde neno de aldea que chegou a ter un avión privado. Vai ser rodada en exteriores e interiores da Coruña, Ferrol, Pontedeume e Aranga. O director da película é unha nova promesa do audiovisual galego Simón Casal de Miguel que estará arroupado por un equipo técnico de primeira fila dentro da ficción nacional incluído o famoso guionista José Luís Acosta.

Esta película recolle diversas etapas do xenial empresario, desde a súa dura infancia en Galicia, ata a súa mocidade cando lle tocou loitar na Guerra Civil, e para rematar, a época do seu triunfo empresarial ao que puxeron trabas, primeiro o Ministerio de Industria franquista e posteriormente os seus socios americanos da Chrysler.

Barreiros é un claro exemplo de emprendedor que consegue saír adiante ante grandes adversidades, cremos que supón unha fantástica referencia para os mozos que na actual situación de crise teñen a ilusión de desenvolver iniciativas empresariais de futuro.

O actor galego fincado en Madrid, Manu Regueiro dá vida ao brillante empresario que levantou un imperio tras ter a xenial idea de transformar os motores dos camións de gasolina a diesel. Os actores Salvador do Río, e María Tasende (recente Premio á Mellor Actriz no Festival de Ourense) da serie Matalobos interpretan respectivamente ao pai de Eduardo Barreiros e á súa esposa.

O papel de irmán fiel encárnao Julio Pereira coñecido polo seu papel protagonista en Libro de familia. E no rol de contable e amigo da empresa, o actor andaluz Manolo Solo que acaba de estrear Amador de Fernando León de Aranoa, e Biutiful de González Iñarritu.

Ambas produtoras contaron co apoio da Xunta de Galicia, TVG, ICAA e Junta de Andalucía para poder contar esta historia. Estanse ultimando as negociacións para a incorporación ao proxecto da maioría de televisións autonómicas de FORTA.

Ligazóns
http://www.continental-producciones.com/index.html



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org