inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Doentes, de Filmanova, chega ao Festival de Málaga

2011-04-01

O Festival de Málaga de Cine Español acolleu a proxección de Doentes, o título dirixido por Gustavo Balza no que se recolle unha historia de perdedores e noites de melancolía na Compostela dos anos cincuenta.

O seu produtor Antón Reixa salientou que se trata dunha produción cen por cen galega. O título está baseado na obra teatral homónima de Roberto Vidal Bolaño. Os intérpretes galegos Antonio Durán Morris e Xosé Olveira Pico dan vida os personaxes principais.

Doentes conta o que acontece nos anos cincuenta, a noite na que o actual Hostal dos Reis Católicos (antes Hospital) é desaloxado, botando aos doentes ás rúas compostelás. O filme foi rodado integramente en Santiago de Compostela.

A estrea en salas está prevista para o mes de maio, despois de seren elexida para abrir o Festival de Cans. O título é unha coprodución de Filmanova e ZircoZine.



Ligazóns
http://www.filmanova.com



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org