inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

18 comidas e The Way proxéctanse esta fin de semana no Festival de Cine Español de Londres

2011-04-01

Hoxe comeza o I London Spanish Film Festival Spring Weekend no que se proxectará a película de Tic Tac Producciones 18 comidas e The Way, de Filmax Animation.

O director galego Jorge Coira presentará a obra de Tic Tac perante o público británico. Ademais hoxe finaliza o Festival Internacional de Cine de Guadalajara (México), que tamén seleccionou a película, e comeza o Festival de Cine Latino de Chicago (Estados Unidos) no que 18 comidas terá a primeira proxección perante o público estadounidense o vindeiro martes, 5 de abril. No mes de maio continuará o seu itinerario internacional participando no Festival de Cine Español de Australia.

18 comidas conta con 16 candidaturas aos premios Mestre Mateo que se entregarán o vindeiro 17 de abril e no seu listado de premios xa figuran o premio á Mellor Dirección no Festival de Taormina (Italia), o Premio do Público, o Premio Especial do Xurado e a Mención Especial para o elenco de actores no Festival de Cine Internacional de Ourense, o premio á Mellor película e o premio do Público no Festival CineEscena e nos premios ASECAN, onde o intérprete Víctor Clavijo foi mellor actor de reparto.

O outro filme e The Way, de Filmax Animation, estrearase nos cines británicos o vindeiro 15 de abril. Ademais, este título tamén é finalista aos Mestre Mateo nas categorías de mellor longametraxe de ficción e mellor montaxe. e The Way é unha película independente, producida e distribuída por Filmax, que narra a historia dun reputado oftalmólogo estadounidense que viaxa a Francia para recuperar os restos do seu fillo falecido. Cando chega a Francia descubre que o seu fillo comezaba a facer o Camiño de Santiago e decide percorrelo no seu lugar.

O filme foi rodado no Camiño de Santiago no ano 2009. Os profesionais estadounidenses de orixe galega Martin Sheen e Emilio Estévez protagonizan e dirixen este título que converteuse na primeira película que conseguiu rodar no interior da Catedral de Santiago de Compostela.

Como sinalan no portal SuperConcierge a película chega a Reino Unido logo de conseguir o aplauso internacional. Na presentación, Martin Sheen lembrou que o Camiño de Santiago é un viaxe que paga a pena facer e como o equipo da película inspirouse no clásico O mago de Oz. O certame London Spanish Film Festival Spring Weekend nace como preámbulo do Festival de Cine Español de Londres que a cidade británica celebra cada mes de setembro.

Ligazóns
http://www.londonspanishfilmfestival.com/spring_weekend/index.html



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org