inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Galicia Audiovisual Revista
Click para ampliar

Birdboy e O Apóstolo estarán no Festival de Animación de Annecy

2011-04-20

O Festival de Animación de Annecy (Francia) é un dos máis importantes do sector da animación e nesta ocasión contará coa participación da curtametraxe Birdboy na súa sección oficial e de O Apóstolo fóra de concurso.

Birdboy é unha curtametraxe asinada por Pedro Rivero e polo debuxante galego Alberte Vázquez. A curta de animación inspírase na obra de Vázquez en banda deseñada, no seu título Psiconautas. Birdboy
Pola súa banda, O Apóstolo, de Artefacto Producións, é a primeira obra europea de stop-motion estereoscópico. O realizador galego Fernando Cortizo dirixe este proxecto sobre un convicto recén fuxido do cárcere que trata de recuperar un botín. Con todo, o que atopa son desaparicións, espíritos, un estraño sacerdote e ata o arcipreste de Santiago, que cruzan os seus camiños nunha historia de terror, humor e fantasía.

Ligazóns
http://www.annecy.org/



Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org