AGAPI organiza unha xornada sobre propiedade intelectual en Santiago
2012-02-21
AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza un monográfico sobre a propiedade intelectual no sector audiovisual o martes, 28 de febreiro, na Aula 2 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (Avda. Castelao, s/n) a partires das 9.30 horas. A xornada conta co apoio do Ministerio de Educación, Cultura y Ciencia.
O secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, inaugura a xornada xunto á presidenta de AGAPI, Dolores Ben e o secretario académico da Facultade de Ciencias da Comunicación, Fernando Redondo.
br>
Os profesionais do sector audiovisual e os propios consumidores atópanse nun entorno cambiante no que se moveron os límites da propiedade intelectual coa recente supresión do canon dixital e a vindeira entrada en funcionamento da Sección Segunda da Comisión de Propiedade Intelectual. Ao mesmo tempo, as novas tecnoloxías seguen aumentando as posibilidades de creación, distribución e consumo de contidos audiovisuais coa chegada do Vídeo Baixo Demanda (VOD), as plataformas de crowdsourcing ou a licenza Creative Commons.
A xornada serverá de marco para a análise da situación actual e do seu futuro a través de mesas redondas e debates sobre as cuestións de actualidade. Falarase do cambio dixital e do novo público activo con Emma Lustres produtora de Vaca Films, o director de Márketing Audiovisual de R, Alfonso Martínez, o director xeral de Portocabo, Alfonso Blanco e a directora da Escola de Medios de La Voz de Galicia, María José Arrojo.
Tamén tratarase a situación da propiedade intelectual no entorno dixital co director xeral de Pórtico Audiovisuais Antonio Varela, o director de Antipiratería da Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales (EGEDA) Octavio Dapena o avogado Miguel Ángel Bouza e o profesor da Universidade de Santiago de Compostela, blogger e director de culturagalega.org Manuel Gago.
Os debates centraranse nos futuros modelos de negocio e na problemática das descargas. Paula Cons presentará a nova plataforma de produción e comercialización crowdsourcing Wecoop xunto a María Yáñez, da Navalla Suíza, o director da produtora multimedia Moonbite Games, Carlos Fernández, e o director da distribuidora e exhibidora Mr. Misto Films, Xoán Mariño.
O segundo dos debates centrarase na problemática das descargas ilícitas e contará coa participación da directora de Abano Producións Chelo Loureiro, o produtor de Perro Verde Films Manuel Cristóbal, o blogger de Microsiervos Javier Pedreira Wicho, o avogado de Zenit Televisión, Fernando Regueira e o responsable de programación do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), José Manuel Sande.
Inscrición
As persoas interesadas en asistir á xornada deberán achegar o formulario de inscrición adxunto debidamente cuberto ao correo electrónico administracion@agapi.org. A xornada é gratuíta, con todo, o aforo é limitado polo que as prazas outorgaranse por orde de inscrición.
Tweet

Hoxe venres 14 chega ós cines a película SOMOS GENTE HONRADA producida por Vaca Films e El Terrat
2013-06-14
Directivos das principais canles de televisión avaliarán os proxectos dos alumnos do MPXA
2013-06-12
Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org