Comeza a caravana Vilamor
2012-03-20
A promoción da película Vilamor, de Ignacio Vilar, arrincou este sábado nos cines As Termas de Lugo cunha proxección do filme que foi encontro para o equipo técnico e artístico da película, os seus familiares e os medios de comunicación.
Con este evento, que incluía unha degustación do Menú Vilamor iníciase a promoción da película, na que o director e os actores protagonistas xirarán por toda Galicia a bordo dunha furgoneta, a medida que a fita se estrea nas principais salas de cine de 15 localidades galegas.
A película estréase o vindeiro 30 de marzo en Lugo e logo proseguirá o seu percorrido por cines de toda Galicia cunha estrea cada venres, ata o 16 de maio. Ademais esta presenza dos cines acompañarase coa xira promocional da Caravana Vilamor, coa que Ignacio Vilar e os actores principais Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez percorren nunha furgoneta máis de 250 institutos e asociacións culturais e deportivas de toda Galicia para dar a coñecer esta película.
Tamén hai festas Vilamor nas principais cidades, nas que se venderán entradas para o cinema, e sorteos e agasallos nos principais eventos deportivos do país. Toda a información sobre a caravana pódese consultar no blog Vilamor. As principais datas das estreas son as seguintes:
- 30 de marzo (venres)
* Cine As Termas, Lugo.
* Cine Multicines Centro, Lugo.
* Cine Cinelandia, Ribadeo.
- 31 de marzo (sábado)
* Cine Lauro Olmo, O Barco de Valdeorras.
* Cine Avenida, A Rúa de Valdeorras.
- 4 de abril (mércores)
* Cine Hollywood, Monforte.
- 12 de abril (xoves)
* Cine Gran Vía, Vigo.
- 13 de abril (venres)
* Cine Praza Elíptica, Vigo.
* Cine Multicines Norte, Vigo.
- 19 de abril (xoves)
* CineBox Vialia, Pontevedra.
* Cine Filmax Pontiñas, Lalín.
- 20 de abril (venres)
* Cines Gran Arousa, Vilagarcía de Arousa.
- 27 de abril (venres)
* Cine Minicines Central, A Estrada.
- 3 de maio (xoves)
* Cine Filmax Coruña, A Coruña.
- 10 de maio (xoves)
* CineBox Narón, Narón.
- 11 de maio (venres)
* Cine Multicines Bergantiños,
.
* Cine A Xunqueira, Cee.
- 16 de maio (mércores)
* CineBox Ourense, Ourense.
Tweet

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org