inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Galicia Audiovisual Revista
Click para ampliar

O Festival Internacional de Las Palmas acolle a estrea da curtametraxe Anacos

2012-03-23

Mañá remata o Festival Internacional de Cine de Las Palmas que acolleu dentro da súa sección oficial a estrea da nova curtametraxe de Xacio Baño Anacos.

A curta, protagonizada por Mabel Rivera, Fernando Morán e Xosé Barato, foi rodada o pasado mes de setembro na localidade de Meixigo, concello de Cambre, durante dous días. O proxecto contou cunha axuda da Agadic ao desenvolvemento do talento audiovisual galego no 2011 na categoría de curtametraxe Experimental. Para a etapa que comeza agora de distribución e exhibición a película contará coa colaboración de Marvin&Wayne coma distribuidora asociada.

A curta nace como unha evolución formal do anterior traballo de Xacio Baño Estereoscopía. Ten unha duración de seis minutos, e é unha aposta por xogar coa linguaxe, e xogar con conceptos como a deconstrucción do fotograma e dos espazos físicos e a ruptura do tempo das accións, para favorecer a expresivividade do relato.

Estereoscopía

Estereoscopía, logo de case cumprir un ano no circuíto de Festivais, roza as cincuenta seleccións entre as que destacan o Festival de Málaga, o de Brest, en Francia, ou o Spanish Cinema Now no Lincoln Center de New York. Leva acadado sete premios, entre eles os de mellor curtametraxe do xurado no pasado Festival de Cans e o de Mellor curta Galega no Curtocircuito.

Esta mesma semana Estereoscopía poderase ver no festival IBAFF de viaxe e creación de Murcia, e en vindeiras datas no festival CreatRivas de Rivas Vaciamadrid, ou no Cineglobe de Suíza. Tamén é finalista dos premios Mestre Mateo á mellor curta de ficción.

Ligazóns
http://anacos.rebordelos.com



Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org