A Consellería de Cultura e Educación asina un acordo co Goberno arxentino para celebrar en Galicia un encontro bilateral de industrias culturais
2012-04-25
A Cidade da Cultura acollerá a finais do vindeiro mes de xullo o encontro PreMICA Europa que acollerá a celebración de accións formativas, roldas de negocios e exhibicións artísticas para profesionais dos dous países.
O encontro quere salientar o papel de Galicia como porta de entrada dos produtos arxentinos en Europa e preparar a participación galega no MICA. Durante a súa estadía en Arxentina o director da AGADIC, Juan Carlos Fernández Fasero tamén asinou un convenio de colaboración entre a AGADIC e a radio televisión estatal arxentina para estreitar e impulsar os vínculos profesionais e artísticos no ámbito audiovisual a través de encontros audiovisuais.
Tweet

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org