inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

AGAPI organiza unha xornada sobre as novas tendencias no sector audiovisual

2012-05-03

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza un encontro sobre os retos do sector audiovisual o vindeiro martes, 8 de maio, na Aula 2 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. A xornada conta co apoio da Deputación da Coruña.

Produtores audiovisuais, creadores de contidos dixitais, profesionais do sector e estudantes poderán coñecer de primeira man e expor as súas inquietudes e dúbidas na xornada do vindeiro martes. O programa conta con profesionais experimentados en diferentes modelos de negocio e creadores que están a procurar novas fórmulas para o sector audiovisual.

A xornada reunirá dende as 9.30 horas a profesionais que están a traballar sobre as liñas de crecemento do sector audiovisual. Falarase da produción audiovisual no eido dixital co produtor de Pórtico Audiovisuais Antonio Varela, o director de Área da Entidad de Gestión de Derechos de los Productores (EGEDA) Rafael Sánchez, o profesor da Universidade de Santiago de Compostela Xaime Fandiño e o produtor de Visual Think Films Samuel Lema.

De seguido, ás 12.00 horas, falarase sobre os modelos futuros de negocio para o sector co experto audiovisual Manolo González, o director da empresa Ilux Visual Technologies Manuel Meijide e o director de Mr. Misto Films Xoán Mariño.

A sesión da tarde comezará ás 16.00 horas cunha reflexión sobre os novos formatos audiovisuais co produtor de Continental Producciones Pancho Casal, o produtor Pepe Coira, a responsable de Wecoop Paula Cons e María Yáñez, de A Navalla Suíza.

Para finalizar a xornada, ás 17.30 horas analizarase o papel das redes sociais como plataformas de proxección empresarial coa presenza da produtora de Abano Producións Chelo Loureiro, o deseñador de Krasis Pablo Iglesias, o responsable de Desenvolvemento de Negocio de Diario Motor Daniel Seijo, o community manager da produtora Dream Team Concept Simón Casal e o blogger de Microsiervos Javier Pedreira Wicho.

Inscrición

As persoas interesadas en asistir á xornada deberán achegar o formulario de inscrición debidamente cuberto (descargar ao final da nova) ao correo electrónico administracion@agapi.org. Aínda que a inscrición é de balde o aforo está limitado, polo que as prazas outorgaranse por orde de solicitude.

Ligazóns

Descarga aquí o formulario de inscrición.
Descarga aquí o programa completo da xornada.

Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org