inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

O xigante, de Abano Producións, finalista en dúas categorías no Curtocircuíto

2012-05-13

A curtametraxe de animación de Abano Producións, seleccionada no último Festival de Cine Español de Málaga, conseguiu a semana pasada ser finalista nas categorías de Mellor Curtametraxe de animación e Mellor Curtametraxe Galega no festival Curtocircuíto.

O xigante é o último traballo cinematográfico da produtora ferrolá Abano Producións realizado con técnicas de animación e no que se pretende mostrar a fantástica viaxe que é crecer.

Co seu corazón aberto ao mundo, repleto de afecto e emoción, O xigante simboliza o corazón de todos os pais, homes e mulleres que, a través da súa mirada, revelan o mundo aos seus fillos axudándolles a construír o seu universo, a trazar os seus camiños, a corrixir calquera desvío no magnetismo da súa brúxula... e a deixalos marchar cando chegue o momento adecuado.

O xigante recibiu unha axuda da Xunta de Galicia -AGADIC e está patrocinado polo Concello de Ferrol.

Ligazóns
http://www.curtocircuito.org/



Logo AGAPI cierre.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org