Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas
2012-07-24
O Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas está pensado para xestores, activistas e emprendedores do eido cultura. Impartirase na Coruña na sede do IFFE (Instituto de Formación Financieira e Empresarial).
É un Máster dirixido a profesionais das industrias creativas, técnicos de cultura das administracións públicas, xestores de proxectos creativos, xerentes de eventos culturais, responsables asociativos e a emprendedores nos campos da cultura e a creatividade. Tamén poden optar licenciados e graduados universitarios, así como diplomados de materias afíns que acrediten experiencia en xestión sociocultural. Pretende satisfacer a crecente demanda de profesionais con visión e ferramentas de dirección e xestión de empresas que está chamados a ocupar postos de responsabilidade en sectores públicos e privados nos que os bens culturais constitúen o principal activo, directo ou indirecto.

O profesor francés Michel Reilhac ofrecerá un curso sobre transmedia en Santiago de Compostela
2013-06-12
Curso Multi Platform Business School (Mbps)
2013-06-11
Ponencia de Alfons Cornella, We update you
2013-06-11
Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org