V Festival das Artes Escénicas Abelardo Gabriel de Riós
2012-07-30
O V Festival das Artes Escénicas de Riós, organizado pola Asociación Cultural da Castaña, arrincará o venres 17 pola tarde, coa proxección das curtametraxes gañadoras na última edición do Festival de Cans.
De feito, unha das novidades desta edición é o irmandamento con este festival. O cartel cinematográfico completarase o venres coa proxección de Vilamor, dirixida por Ignacio Vilar, e protagonizada por Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez, que estarán presentes no festival. No que toca á música, o venres será a quenda para Tonhito de Poi e amigos; actuacións con Emilio Rúa, Sabela Arán, Xoel Yáñez, Luis Iglesia, e outros convidados; e para o Riós Rural Dance, espectáculo de Dj’s e música alternativa.. O sábado celebrarase a gala do festival, coa presenza de Mucha e Nucha, o Mago Teto, Luis Iglesia e Luis Tosar, entre outros. O programa pecharase cun concerto de grupos e artistas emerxentes galegos, como Adriana Ramos, Medomedá, Rever, Xanononoto e 1992.

Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org