inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Nacional e Internacional Revista
Click para ampliar

Emilio A. Pina, novo director xeral da Academia de Cine

2013-05-06

O produtor executivo e director de produción Emilio A. Pina é o novo director xeral da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España. Foi elixido pola Xunta Directiva da Academia de Cine na súa reunión do pasado 29 de abril, trala aprobación unánime da comisión designada para seleccionar ao novo director xeral da institución.

Emilio A. Pina é un productor veterano de cine e ex membro da Xunta Directiva da Academia, da que foi vicepresidente no tempo de Álex de la Iglesia e Icíar Bollain (entre xuño de 2009 e abril de 2011). Emilio A. Pina (Madrid, 1962), é un profesional do cine con moitos anos de experiencia na Academia, casa coa que colabora activamente desde 2003 e na que traballou pola renovación e organización da cerimonia de entrega dos Premios Goya, cuxa produción executiva asumiu en catro edicións (2007, 2008, 2012 e 2013). Comezou como freelance nos departamentos de dirección e produción para as produtoras Pedro Masó P.C. e Nickel Odeón Dos. Finalizou esta etapa especializándose como produtor executivo e director de produción dunha das empresas líderes do sector en aquel momento, BocaBoca Producciones, e como produtor independente coa súa propia compañía, Quiroptero Films. Membro da ADPCE (Asociación de Directores de Producción Cinematográfica de España), da que foi un dos seus fundadores, participou en numerosas películas e series de televisión, a inédita El tiempo entre costuras, Los protegidos, El comisario e Todos los hombres sois iguales, entre outras.

Ligazóns
http://www.academiadecine.com/home/index.php



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org