inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Galicia Audiovisual Revista
Click para ampliar

A TVG presenta no Congreso de Circom o seu Laboratorio de Innovación Audiovisual

2013-05-14

A CRTVG presentou no marco do 31ª Congreso de Circom Rexional, o seu proxecto de Laboratorio de Innovación Audiovisual, denominado Labovisión de Galicia. Esta iniciativa, orientada á procura de novas tendencias audiovisuais, pretende promover e apoiar a creación de talento no noso país. A finalidade de Labovisión é experimentar nos novos medios e nos novos formatos, de xeito que a CRTVG se convirta nun escaparate e nun banco de probas de novos proxectos.

Segundo o director de Comunicación da CRTVG, Fernando R. Ojea, que participou nunha sesión do Congreso dedicada á colaboración con universidades e centros educativos, Esta factoría de ideas está aberta a estudantes, investigadores e profesores, xa que esta é unha excelente maneira de cooperación. De feito, un dos proxectos do ente público galego, denominado “segunda pantalla“, conta coa colaboración de profesores universitarios. Ademais, Ojea fixo un chamamento a toda a sociedade a traballar xunta de cara á innovación audiovisual. Xunto a Ojea, directivos doutras canles europeas afondaron na necesidade de colaboración entre as televisións rexionais e as institucións de educación superior. Cursos de formación, contratos de prácticas, programas de investigación e novos formatos foron sinalados como imprescindibles para crear sinerxías na era dos medios dixitais. Así, Tena Perisin explicou a experiencia da canle croata HRT dándolle unha oportunidade aos estudantes para amosar as súas producións, algo que resulta moi motivador para os rapaces. Pola súa parte, Michael Lally, da irlandesa RTE, sinalou que esta canle pretende traballar cos estudantes a través dun grao de terceiro nivel. Deste xeito, a maioría das estacións da RTE están integradas nunha facultade e especializadas en diferentes tipos de xornalismo.

Ligazóns
http://www.circom-regional.eu



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org