inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Galicia Audiovisual Revista
Click para ampliar

O XABARÍN CLUB amplía a oferta de animación con novas series dispoñibles na súa versión en inglés

2013-05-28

O club infantil e xuvenil da Galega continúa a sorprender os máis pequenos da casa coa incorporación de contidos e ficcións sempre á vangarda. O Xabarín Club atópase estes días inmerso na actualización de series de animación adaptadas ás idades dos seus seguidores, producións de éxito nos seus países de orixe que ademais poderán verse na súa versión orixinal en inglés.

As emisións en dual actuais de O Parruliño feo e mais eu e Os Picapedra estanse a ampliar coas estreas progresivas das novas propostas de aventuras que ofrecen as series Grande e Pequeno, Kikoriki, Moby Dick e o segredo de Mu e A lenda de Enyo. Grande e Pequeno é unha produción da BBC que combina aventuras, música e contidos pedagóxicos, dirixida a nenos en idade preescolar. Os protagonistas son dous amigos de peluche moi peculiares que farán as delicias dos espectadores, de luns a sábado, nas faixas do almorzo e a merenda do Xabarín Club. Enfocada a nenos de máis idade, ata os 8 anos, Kikoriki é unha colorista serie rusa, cuxos personaxes dan leccións aos máis pequenos sobre a vida diaria e a non violencia desde unha óptica positiva e alegre. Os kikorikis son un divertido grupo de personaxes redondos, que viven nun mundo cheo de aventuras, que estarán coa audiencia da tvG2 desde esta fin de semana, cada sábado en horario de mañá. O xénero de aventuras define tamén as dúas seguintes propostas: Moby Dick e o segredo de Mu e A lenda de Enyo, animación europea, cuxas entregas teñen unha maior duración e están dirixidas a un público máis xuvenil, entre os 8 e os 12 anos aproximadamente. Esta nova versión, máis fantástica, de Moby Dick ofrecerase na emisión matinal dos sábados do Xabarín Club. Pola súa parte, A lenda de Enyo é animación en 3D, que ademais incorpora a ficción científica ás súas tramas. Nun mundo remoto, unha tribo nómade atopa un neno orfo, con superpoderes únicos, que terán como finalidade guiar o pobo cara un destino elixido. Esta nova produción ofrécese xa a diario, tanto no almorzo coma no xantar, dos rapaces galegos.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org