inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Festivais e certames Revista
Click para ampliar

O OUFF pon á venda as entradas para as actividades para a súa 18ª edición

2013-11-13

O 18 Festival de Cine Internacional de Ourense (18OUFF) presentou esta mañá en rolda de prensa as novidades desta nova edición, que se desenvolverá do 16 ao 24 de novembro co Auditorio Municipal como epicentro de operacións. O alcalde da cidade, Agustín Fernández, a concelleira de Cultura, Ana Garrido, o director do Agadic, Jacobo Sutil, e a directora do evento, Nora Sola, presentes no evento xunto aos patrocinadores da cita.

A directora do Festival, Nora Sola, ensalzou o Auditorio Municipal como lugar onde se proxectará a meirande parte da oferta cinematográfica do Festival, e lembrou que o Concello de Ourense pon a disposición do público un servizo de autobuses diarios desde o Parque de San Lázaro até o Auditorio. Horarios: 17:00h, 19:30h e 22:00h, e para baixar: 19:15h, 21:45h e 0:40h, e unha parada de taxis ao lado da instalación municipal. Para quen veña desde fóra de Ourense, viaxar en tren é a oferta máis recomendable, xa que descargando un formulario da web do OUFF obterase un 30% de desconto en Renfe. Ademais, como novidade desta edición, haberá un servizo de ludoteca gratuíto de 17:00 a 22:00 horas para que os cativos non queden desatendidos durante as proxeccións. As outras sedes do festival serán o Teatro Principal e o Centro Cultural Marcos Valcárcel, espazos ambos dependentes da Deputación de Ourense, para a que o alcalde de Ourense quixo ter un agradecemento malia non formar parte xa da organización do certame. As entradas para o 18OUFF xa están á venda a través do portal Novagaliciabanco.es e no propio Auditorio Municipal. Todas a un prezo de 3€ por sesión (agás os bonos de 5 películas, a 12€ e nos mesmos puntos de venda, agás para os clientes de NGB, que se o fan a través da súa web terán un prezo reducido de 10€). Entre todas elas está a que abrirá o Festival, este sábado a partir das 20:30 horas no Auditorio. Falamos de La Conspiración, de Pedro Olea, unha cita na que, co director vasco, tamén estarán presentes os actores Manuel Morón, Silvia Marsó e Iñaki Miramón. Nesta gala incluirase o espectáculo de danza de SóLODOS, de Maruxa Salas.

Ligazóns
http://www.ouff.org/web/index.php/index.php?lang=galician



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org