inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Nacional e Internacional Revista
Click para ampliar

Aprobada a Lei de Propiedade Intelectual

2014-02-17

O Goberno aprobou o pasado venres, día 14, o anteproxecto que modifica a Lei de Propiedade Intelectual para a súa remisión ao Congreso once meses despois da súa presentación. O ministro de Cultura, José Ignacio Wert, explicou que se trata dunha reforma parcial que pretende fortalecer a posición dos creadores e facilitar a transición dixital das industrias culturais e creativas.

O proxecto establece un maior control das sociedades de xestión de dereitos de autor, que terán que facer transparentes as súas tarifas e facilitar auditorías periódicas das súas contas. Estas sociedades terán que participar nunha sociedade de carácter privado para xestionar o pago dos dereitos de autor como se fose unha Ventaniña Única para os usuarios. Unha novidade fronte a anteriores borradores é que se intruduce a posibilidade de que os editores de contidos poidan cobrar unha compensación dos agregadores de contidos (como Google News) polo uso dos mesmos. Segundo aclarou Wert, as tarifas de compensación deberán consesualas entre eles agregadores e editores, pero no caso de que non se produza un acordo será o Ministerio o que as estableza. Esta medida, aclarou o ministro, "exclúe as fotografías", cuxo uso sempre require de autorización, e "a actividade de busca por palabras illadas que remita sempre á páxina orixinal, en cuxo caso non requerirá de autorización nin compensación" En canto á loita contra a piratería en Internet permítese investigar e identificar aos infractores sen recorrer á vía penal e actuar non só contra as páxinas piratas, senón tamén contra as chamadas páxinas de enlace e contraanunciantes e plataformas que as manteñen economicamente. Segundo o anteproxecto, as sancións contra a piratería fortaleceranse e introducirase un rexime sancionador gradual, de entre 30.000 e 300.000 euros, en función do grao de infracción. Desta forma, haberá maior capacidade para actuar fronte ás páxinas que máis vulneran a propiedade intelectual. O ministro de Cultura confirmou que a reforma habilitará, se así se aproba, aos afectados pola "piratería" ir non só contra os sitios "facilitadores" da actividade vulneradora senon contra intermediarios: anunciantes e medios de pago electrónico. Etoe estarán obrigados a colaborar na identificación dos infractores e en "evitar" o seu negocio. Respecto ás entidades de xestión, o anteproxecto establece un reforzo da transparencia e vixilancia destas entidades. Segundo explicou o ministro de Educación, Cultura y Deporte, José Ignacio Wert, esto tradúcese na "limitación da capacidade das entidades de xestión de aprobar e impoñer tarifas", para que non se produza unha "asimetría entre a entidades de xestión e as posibilidades dos usuarios". Outro dos asuntos máis delicados é a compensación por copia privada, un dos temas que máis criticou o Consello de Estado no seu dictame sobre o anteproxecto desta reforma, un informe no que se recomenda extremar "as cautelas" na definición do límite de copia privada, así como na "correlativa implantación do sistema de compensación equitativa por copia privada". "A próxima reforma do Código Penal (que prevé ata seis anos de cárcere para quenes cometan un delito contra a propiedade intelectual)", apuntou Wert, "cerra o esquema de fortalecemento de protección da propiedade intelectual".

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org