inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Galicia Audiovisual Revista
Click para ampliar

I Concurso de Webseries HISTORIAS DO CAMIÑO

2014-04-23

O I Concurso de Webseries da CRTVG HISTORIAS DO CAMIÑO xa ten finalistas. Trátase dos traballos IMOS AVIADOS, de Adrián Reza, Iago Pousa, Verónica Pan, Joaquín Crujeiras e Ledicia Bellón; XOGO DE HEROES, de Roberto Conde, e TRES PITOS E UN CAPÓN, de Carlota Dans e Didac Dalmases. Este resultado feito público hoxe polo xurado, que elixiu de entre un total de 17 traballos, ten como obxectivo abarcar novos nichos de mercado na internet e apoiar a creatividade e o talento galego a través de formatos innovadores. Na súa primeira edición, está relacionado co fenómeno Xacobeo, por ser un elemento clave da cultura e da identidade galega, ao tempo que cumpre cunha imaxe de marca universal.

Os autores dos tres traballos seleccionados terán a posibilidade de perfeccionar o proxecto nun obradoiro impartido por profesionais de recoñecido prestixio. A CRTVG comprométese a comprar os dereitos de propiedade intelectual do episodio piloto do gañador para súa comunicación pública en crtvg.es. O xurado estivo composto por por Vanessa Grela, xefa do Servizo de Programas de TVG; Montse Besada, xefa do Servizo de Produción Allea da TVG; Ignacio Varela, coordinador do concurso de webseries da CRTVG; Antón Galocha, redacción de contidos da web da CRTVG, e Esther Medina, xefa da Área de Innovación e Novas canles da CRTVG. Esta iniciativa inscríbese dentro do proxecto Labovisión de Galicia, un laboratorio de innovación audiovisual posto en marcha en 2012 pola CRTVG co obxectivo de promover e apoiar o talento do noso país, orientado á procura e ao desenvolvemento de novas tendencias audiovisuais. Poden consultarse máis detalles sobre Labovisión no seguinte enlace: http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/laboratorio-de-innovacion-audiovisual-de-galicia.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org