inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Axudas Revista
Click para ampliar

Axudas para producións e coproducións audiovisuais

2014-08-13

A Agadic publica a nova convocatoria de axudas a producións e coproducións audiovisuais cunha dotación de 2.000.000 euros, un 81,8 % máis que en 2013. Xunto con este importante incremento na contía total, que será distribuída en tres anualidades, as bases deste ano introducen unha reestruturación das modalidades de subvención. Xestionada por Cultura e Educación a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), esta convocatoria de 2014 articúlase arredor de tres categorías de axuda, con cadanseu subapartado para os diferentes tipos de produtos audiovisuais que son obxecto de apoio: longametraxes de ficción ou documentais, curtametraxes e longas de animación, así como producións para televisión. Nos tres casos, os proxectos deben ser levados a cabo por produtoras independentes.

Máis info: DOG, 13 de agosto de 2014

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org